Este punto da costa é denominado “Castelo vello” pola existencia de dúas pezas de batería anteriores á construción do Castelo do Soberano (s. XVII). O edificio que vés é unha cetaria de marisco en desuso e se te fixas, tamén localizarás as balizas de situación da ría no extremo da Punta Villoeira.
A panorámica desde aquí é espectacular: a ría que se abre ao océano Atlántico.
De fronte, do outro lado, tes a vila de Muxía. O santuario que ves no extremo é o de Nosa Señora da Barca, que conta a lenda, é irmá da Virxe do Monte, a capela que ves á túa dereita no alto do Monte Farelo (60 m). Ata alí hai uns 2 km, unha media hora andando.