Déjà inscrit ? Connectez-vous
CAIÓN, PORTO DE ENTRADA DA COSTA DA MORTE

CAIÓN, PORTO DE ENTRADA DA COSTA DA MORTE


Caión é unha parroquia do concello de A Laracha, típica vila mariñeira e única saída ao mar do municipio.

Situado nunha pequena península, alberga o primeiro porto da Costa da Morte e gran parte da súa historia pesqueira. Con pasado baleeiro, na actualidade é unha vila acolledora, onde atoparás todo o que buscas para aproveitar o descanso.

Ademais de contar con múltiples servizos, tamén podes gozar da súa exquisita gastronomía nos seus diferentes establecementos hostaleiros.

Coñece a súa historia e aproxímate a praza Eduardo Vila Fano, onde atoparás edificios do século XVI. O Pazo dos Condes de Graxal, o antigo Convento de Santo Agustiño (actual Oficina de Información Turística) e a igrexa parroquial, son algúns deles. Aproveita tamén para achegarte ata o Museo do Arquivo da Pesca, percorrer os barrios de pescadores e visitar o porto.

Se prefires praia, acude ao areal das Salseiras, ideal para practicar surf e outros deportes acuáticos. Desde alí tamén podes coller o paseo marítimo de Caión e percorrer a pé todo o seu litoral.

Servizos do parking
O aparcadoiro de caravanas de Xermaña está a escasos tres minutos, en vehículo, da vila de Caión. Aberto todo o ano, ofrece a posibilidade de pasar a noite, ademais de contar cos servizos de auga potable e baleirado de augas grises e negras.

Fai un uso responsable das instalacións, coida a contorna e sobre todo, pásao ben!

Como chegar a Caión

Coñece a Rede Turística de Caión

Infos techniques

Lat : 43.3155431Lng : -8.595402
0 m
4 ans

Les Storyguides à proximité

Les hébergements à proximité

En poursuivant votre visite, vous acceptez l'utilisation de cookies permettant d'améliorer votre navigation. Pour en savoir plus, cliquez ici. Vous avez également la possibilité de refuser la publicité personnalisée.