Déjà inscrit ? Connectez-vous
CONFRARÍA DE PESCADORES DE CAIÓN

CONFRARÍA DE PESCADORES DE CAIÓN



A Confraría de Pescadores de Caión naceu nos anos 20 para agrupar aos mariñeiros da vila e traballar, desde a organización, no desenvolvemento da actividade pesqueira.

Desde a década dos 40, ten a súa sede neste edificio emblemático, en cuxo baixo se garda o seu arquivo histórico e difúndese ao público, a través do moderno Museo do Arquivo da Pesca.

A agrupación de pescadores foi crucial na historia do lugar, achegando crecemento económico a unha vila baleeira (S.XVI e XVII) e converténdoa, nos anos 60, nunha das máis importantes da Costa da Morte.

Se paseas polo porto, verás diversas embarcacións de pesca artesanal que centran a súa actividade na captura de polbo e percebe. O crustáceo arráncase entre Punta Alba e a Pedra do Sal, nas rochas de mar aberto, polo que provoca que o marisco local sexa un dos máis apreciados de Galicia.

Se queres probar estas xoias gastronómicas, convidámoste a facelo nos diferentes locais hostaleiros situados na praza e o porto. Pero antes, se queres saber máis sobre a vida mariñeira de Caión, aconsellámosche baixar ata o Museo Arquivo da Pesca, situado no soto do edificio que tes diante de ti.

Coñece máis a historia mariñeira de Caión neste vídeo


 

Infos techniques

Lat : 43.318252Lng : -8.606645
0 m
4 ans

Les Storyguides à proximité

Les hébergements à proximité

En poursuivant votre visite, vous acceptez l'utilisation de cookies permettant d'améliorer votre navigation. Pour en savoir plus, cliquez ici. Vous avez également la possibilité de refuser la publicité personnalisée.