Déjà inscrit ? Connectez-vous
REITORAL DE CAIÓN

REITORAL DE CAIÓN



A antiga reitoral foi orixinalmente o convento de San Agostiño, unha edificación sobria fundada no século XVI por Fernando Bermúdez de Castro, membro dunha poderosa familia galega que exercía o señoría sobre a vila.

Pouco despois da súa fundación, os frades agostiños pasaron a administrar a parroquia e a xestionar a construción da igrexa da Nosa Señora do Socorro, anexa pola zona norte e con acceso público pola praza de Eduardo Vila Fano.

Durante os séculos XVII e XVIII, o convento gozou de gran prosperidade debido aos privilexios cedidos polos Señores da vila, que lles permitiron cobrar os tributos das colleitas e da pesca, a cambio de oracións póstumas.

Segundo os historiadores, os frades crearon en Caión a primeira farmacia de Galicia e abandonaron a localidade a finais do século XVIII.

Oficina de turismo
O edificio do convento foi reformado polo Concello de A Laracha en 2006 e, desde entón, alberga a Oficina de Información Turística e o Centro Social.

A oficina de turismo abre durante o verán e no seu interior hai unha maqueta a escala da parroquia, que recolle a súa riqueza medioambiental e paisaxística.

Preto de aquí, nos edificios da praza, están situados moitos dos establecementos hostaleiros onde te convidamos a gozar do ambiente máis auténtico e a mellor gastronomía de Caión.

Ver Rede Turística de hostaleiros

Audioguía da ruta da vila


 

Infos techniques

Lat : 43.31753Lng : -8.60594
0 m
4 ans

Les Storyguides à proximité

Les hébergements à proximité

En poursuivant votre visite, vous acceptez l'utilisation de cookies permettant d'améliorer votre navigation. Pour en savoir plus, cliquez ici. Vous avez également la possibilité de refuser la publicité personnalisée.