Moi preto de aquí encóntrase a lagoa de Baldaio, lugar onde traballan as mariscadoras extraendo a pé ameixas, berberechos e ostras. Produtos do mar, froitos dun duro traballo, que despois se poden encontrar no mercado de abastos máis grande da Costa da Morte, o de Carballo.