Se miras cara á fronte marítima podes observar a inmensidade do Atlántico. Un mar cheo de vida.
Agudiza a vista. A aleta dorsal emerxendo do mar avisarate da súa chegada. Dende diversos puntos do litoral carballés agudizando a mirada e atento ao horizonte, poderás descubrir especies de mamíferos mariños como arroaces, delfíns e mesmo lobos mariños. Estante a esperar para acompañarte nesta viaxe.
Descobre neste vídeo a vida que existe baixo as augas da costa de Carballo.
Vídeo: A vida no mar