Estás fronte a unha das escolas de surf que existen no municipio de Carballo. Amantes deste deporte, e doutros que se practican no ámbito mariño, acoden cada ano á zona de Razo- Baldaio a gozar do vento, as ondas e o fondo marítimo.
O mar bravo crea ondas perfectas para a práctica do surf, pero Carballo ofrece aínda máis. O turismo activo veu para quedar. Descobre neste vídeo que posibilidades de ocio che brinda Razo- Baldaio.
Vídeo: O paraíso do surf