To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

Foso

Foso

Description

Para poder entrar no castelo de Moeche, tería que estar a ponte levadiza baixada. Se non, sería difícil salvar o foso que rodea a fortaleza, que nalgún lugar chega aos 10 metros de profundidade. Isto sábese polas investigacións arqueolóxicas que permitiron deixar á vista mesmo as marcas que os picos fixeron cando se escavou na propia rocha. 

E é que o castelo de Moeche érguese sobre un outeiro pedroso, en pleno val de san Xurxo. Unha fortaleza con forma poligonal cunha soa torre, a de homenaxe. Nela pódense identificar os escudos das familias que mandaron construír o castelo actual, na década dos 70 do século XV. 

Sobre a pequena fiestra que se abre na torre, á esquerda verás os dous lobos de Osorio e á dereita, un castelo, un león e seis pequenos círculos, o emblema da familia Enríquez de Castro. Estes dous escudos son o símbolo dunha unión, o casamento entre Beatriz Enríquez de Castro e Pedro Álvarez de Osorio, nomeado primeiro conde de Lemos. Máis abaixo á esquerda, loce con fachenda o escudo do Duque de Arjona, poderoso título da liñaxe de Beatriz. 

Antes de cruzar a porta, podes rodear o castelo por riba do seu foso e baixo a súa impoñente muralla. Descubrirás na parte traseira unha estrutura saínte, vital para calquera vivenda: a latrina.

 

Technical Information

Lat, Lng
43.5497479-7.9928436
Coordinates copied
Altitude
0 m
Point of Interest updated on 01/03/2023

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Caution!
We have no information on the difficulty of this circuit. You may encounter some surprises along the way. Before you go, please feel free to inquire more and take all necessary precautions. Have a good trip! 🌳🥾