To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

AS LENDAS DE DUIO E DA RAÍÑA LUPA

AS LENDAS DE DUIO E DA RAÍÑA LUPA

Description


Neste punto do camiño, xa case ulindo o sal do mar, ímosche contar dúas das moitas lendas que hai en Fisterra.

Conta a primeira lenda que nos arredores do monte Facho estaba a antiga cidade celta de Dugium (actual parroquia de Duio) que permanece asolagada desde o s. I a.C. ben por unha catástrofe natural ou por castigo divino. Nesa época, hai outra lenda que conta que o corpo do Apóstolo Santiago foi traído ata este confín da terra para darlle sepultura. Como castigo divino, a cidade quedou sepultada para sempre. A terceira versión fala de que no s.V, o rei suevo Rechila provocou un incendio contra os cristiáns de Duio que destruían templos pagáns.

A segunda lenda é a da Raíña Lupa. De gran poder e riqueza, os discípulos de Santiago pedíronlle un lugar onde enterrar o corpo. Pero a raíña enganounos e enviounos xunto o sumo sacerdote do Ara Solis en Dugium. Este meteunos en prisión, da que conseguiron fuxir grazas á axuda divina. Os discípulos volveron xunto Lupa, quen os volveu enganar. Díxolles que foran ao Pico Sacro por bois. En realidade, eran touros bravos que amansaron. Foi entón cando a Raíña se converteu ao cristianismo e o corpo do Apóstolo descansou en Santiago de Compostela.

Lendas ou non, na zona hai restos que nos fan pensar na existencia dunha poboación pagá que se relaciona coa tribo celta de Dugium. A “fin do mundo” ten así, aínda máis maxia.

Technical information

Updated at : 18/08/2016
Lat : 42.901441835411Lng : -9.2652829431305
61 m

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show