To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

TRADICIÓNS AO FINAL DO CAMIÑO

TRADICIÓNS AO FINAL DO CAMIÑO

Description


Unha especie de halo envolve a todo aquel que entra no recinto do Cabo Fisterra. Xa no primeiro momento sabes que estás entrando nun lugar cheo de simbolismo, incluso de misticismo, porque aquí, aparte do que ves, cada un trae consigo a súa propia historia que lle conta ó sol conforme se afunde no océano ou sinte o vento e a forza da fusión terra-agua cando pasea pola contorna do faro.

Mais sen dúbida, uns dos que máis ritos realizan na punta deste promontorio, que se adentra 3 km no mar, igual que antes fixeron celtas e romanos, son os peregrinos. A chegada ao quilómetro 0 é o fin da súa viaxe a Fisterra. Despois do Camiño, o propio é cumprir con varias tradicións que serven para rematar de xeito simbólico o Camiño das Estrelas, comezando unha nova vida e liberándose dos pecados.

A primeira é o baño nas augas fisterrás na praia de Langosteira, de augas tranquilas. O obxectivo é a purificación antes de comezar unha nova etapa.

Despois, o costume máis arraigado é contemplar a marabillosa posta de sol desde este alto (143 m). Hai quen prefire rematar a súa viaxe gravando nunha pedra os quilómetros percorridos.

Outro costume de moda é queimar a roupa e deixar as botas ou outra prenda na punta do Cabo. Pero recorda, facer lume no Cabo está prohibido e calquera elemento que se deixe no lugar só contribúe a disfrazar a paisaxe natural onde se levanta o Faro de Fisterra.

Technical information

Updated at : 18/08/2016
Lat : 42.883378576028Lng : -9.2715696122253

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show