To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

O PORTO DO FIN DO MUNDO

O PORTO DO FIN DO MUNDO

Description


“Fisterra dende a nube” é un proxecto promovido polo Concello de Fisterra e financiado con fondos europeos a través do GAC4. Consiste en dúas rutas autoguiadas por códigos QR. Unha levarate ata o singular faro, e outra guiarate ata a praia de Mar de Fóra.

Nelas atoparás información sobre as xentes, as profesións, os costumes, a gastronomía, o lecer e as tradicións fisterrás, poñendo así en valor o patrimonio e a relación co mar do Cabo de Fisterra, Patrimonio Europeo dende 2007.

Fisterra está considerada o final da zona da Costa da Morte. O seu nome, procedente do latín finis terrae (fin da terra), parece responder á antiga crenza romana de que aquí acababa a terra e comezaba o mar. Tamén é punto final para miles de peregrinos que alongan o Camiño de Santiago ata aquí para atoparse co mar.

O seu porto é o principal lugar de actividade da vila. Nel podes sentir a Fisterra máis cotiá, pois case a totalidade dos seus poucos máis de 5.000 veciños se dedican a actividades que teñen que ver coa pesca. Todo en Fisterra xira en torno ao mar… incluso a vila medrou en forma de anfiteatro sobre o porto.

Pasea polo peirao e observa a actividade dos mariñeiros, entra na primeira lonxa turística de Galicia e escoita a cantiga do lonxeiro na poxa, ule a brisa salgada e saborea Fisterra nos locais de hostalaría, que contan co mellor e máis fresco peixe e marisco do que podas gozar.

Technical information

Updated at : 18/08/2016
Lat : 42.9076329Lng : -9.2625987

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show