Alert

Alerts

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

Arquipélago de Cortegada

Arquipélago de Cortegada

Description



O arquipélago de Cortegada, en Carril-Vilagarcía de Arousa, con 191 hectáreas, 44 terrestres e 147 marítimas, está situado no interior da ría de Arousa, preto do esteiro do río Ulla, presentando características moi diferentes ao resto dos arquipélagos do Parque.

Consta dunha illa principal, Cortegada, e outras illas e illotes menores como As Malveiras, O Con e Briñas.

A illa de Cortegada é visitable dende o porto de Carril a uns 500 m.

Esta illa presenta un perfil case chá, cunha altitude máxima de 19 m. O seu carácter estuárico, fai que sexa moi diferente do resto das illas oceánicas do Parque, cuberta practicamente por unha frondosa masa forestal húmida, na que destaca o bosque de loureiros, dos maiores de Europa, e outras especies como carballos, cerquiños, salgueiros e amieiros. Na illa Malveira Grande, existe un dos poucos bosques de cerquiños da costa atlántica.

Presenza de aves forestais (azor, miñato, paporrubio, ferreiriño negro) acuáticas e mariñas (anátidas, limícolas, garzas e garcetas, gaivotas patiamarelas e choronas, ou corvo mariño grande).

Dispón dun Punto de Información e un itinerario sinalizado circular, con diferentes paradas, e autoguiado a través dun folleto.

Elementos e lugares destacables, son a ermida da Virxe dos Miragres, a Aldea, os cruceiros, os areais, o miradoiro da ría e o parque acuícola, coas súas singulares parcelas de cultivo da ameixa entre Cortegada e Carril, aínda que fóra dos límites do Parque.


 

Technical Information

Lat, Lng
42.614723407984-8.7851892116394
Coordinates copied
Uncertain state
Point of Interest updated on 18/08/2016
This point of interest hasn't been updated recently, which could compromise the reliability of this information. We recommend that you inquire and take all necessary precautions. If you're the author, please verify your information.

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Caution!
We have no information on the difficulty of this circuit. You may encounter some surprises along the way. Before you go, please feel free to inquire more and take all necessary precautions. Have a good trip! 🌳🥾