Déjà inscrit ? Connectez-vous
Arquipélago de Ons

Arquipélago de Ons



O arquipélago de Ons (Bueu) con 2641 hectáreas, 470 terrestres e 2171 marítimas, está situado na entrada da ría de Pontevedra, conformado por dúas illas principais, Ons e Onza e illotes como Laxe do Crego, O Centolo, Cairo, Gaiteiro ou Freitosas.

Ons é visitable en embarcacións de pasaxe (ou recreativas) que parten de Bueu, Sanxenxo e Portonovo.

Presenta un perfil amesetado cun marcado contraste entre a cara occidental (cantís e furnas ou covas mariñas) e a oriental, máis suave, onde se atopan os asentamentos humanos e areais como Melide, Area dos Cans ou Canexol. 

De gran importancia son as colonias de aves mariñas de gaivota patiamarela e corvo mariño cristado.

Altitude máxima de 118 m no Faro. Ao navegar cara as illas podemos sorprendernos coa presenza de mamíferos mariños, arroaces e golfiños, aves de paso ou migratorias como mascatos, pardelas e carráns.

Dispón de Centro de Visitantes, Punto de Información, aseos públicos, posto de primeiros auxilios, áreas de descanso, paneis informativos-interpretativos e hostalaría. Hai itinerarios sinalizados circulares, rutas Sur, Norte, Faro e Castelo ou rutas guiadas acompañados por guías-intérpretes do Parque.

Destacan lugares e elementos como a arquitectura tradicional dos diferentes barrios, a singular cultura da illa, o Faro, sistemas de dunas de Canexol e Melide, miradoiro de Fedorentos, Burato do Inferno, os cantís ou a enseada de Caniveliñas, ademais do excepcional feito de ser a única illa do Parque habitada permanentemente.


 

Infos techniques

Lat : 42.377396424878Lng : -8.9315531756104
0 m
4 ans

Les Storyguides à proximité

Soyez le premier à commenter !

En poursuivant votre visite, vous acceptez l'utilisation de cookies permettant d'améliorer votre navigation. Pour en savoir plus, cliquez ici. Vous avez également la possibilité de refuser la publicité personnalisée.