Déjà inscrit ? Connectez-vous
Arquipélago das illas Cíes

Arquipélago das illas Cíes



O arquipélago das illas Cíes (Vigo), con 3091 hectáreas, 433 terrestres e 2658 mariñas está situado na entrada da ría de Vigo, formado por tres illas principais, San Martiño ou Sur, Faro ou do Medio e Monteagudo ou do Norte, e illotes menores como Boeiro, Viños, Ruzo ou Carabelos.

Faro e Monteagudo son accesibles en embarcacións de pasaxe (ou recreativas) que parten de Vigo, Baiona ou Cangas. A illa Sur só é visitable en embarcación privada.

Destaca a súa accidentada orografía cunha altitude máxima de 197 m no Alto de Cíes mais o contraste entre a vertente occidental (con cantís e furnas ou covas mariñas) e oriental, con dunas e areais, Rodas, Figueiras ou Nosa Señora.

Ao navegar cara as illas podemos sorprendernos coa presenza de mamíferos mariños como arroaces e golfiños, aves de paso/migratorias como mascatos, pardelas ou carráns.

Dispón de Centro de Visitantes, Punto de Información, camping, aseos públicos, posto de primeiros auxilios, socorristas e hostalaría, ademais de áreas de descanso e paneis informativos-interpretativos.

Existen catro itinerarios sinalizados de ida e volta, Monte Faro, Faro da Porta, Alto do Príncipe e Monteagudo, ou rutas guiadas, acompañados por guías-intérpretes do Parque.

Elementos e lugares destacables son o Lago, sistemas de dunas de Muxieiro-Figueiras e Rodas, faros do Peito, da Porta e Monte Faro, casetas para a observación de aves (existen excepcionais colonias de gaivota patiamarela e de corvo mariño cristado), miradoiros no Alto do Príncipe, A Campá e Monte Faro.


 

Infos techniques

Lat : 42.226974973869Lng : -8.9015043124115
0 m
5 ans

Les hébergements à proximité