Déjà inscrit ? Connectez-vous
ENTRE O OCÉANO ATLÁNTICO E O PACÍFICO

ENTRE O OCÉANO ATLÁNTICO E O PACÍFICO


Cada 16 de xuño ou o domingo seguinte se o día cae pola semana, as praias de Area Maior e Canido son o primeiro lugar polo que discorre a procesión de Santo Hadrián, de gran devoción. Fieis e veciños, algúns ofrecidos van descalzos, acompañan a primeira hora da mañá a imaxe durante uns catro quilómetros polo sendeiro que une Malpica co santuario, situado no cabo do monte Beo e xusto enfronte da “Illa”, nome co que as tres Sisargas son coñecidas en Malpica. A 182 m sobre o nivel do mar, as vistas son inmellorables.

Conta a lenda que Santo Hadrián librou á zona dunha praga de serpes. Nos cantís do Portiño din que quedaron as súas pegadas e sobre un seixo branco da ribeira, a silueta da serpe que esmagou co pé para espantar ao resto dos réptiles. A romaría está declarada Festa de Interese Turístico Galego.

San Francisco (EE.UU)
A procesión, que volve á tardiña para a igrexa parroquial, pasa por Seaia, lugar onde naceu en 1738 o franciscano Pedro Cambón. Este misioneiro foi un dos cofundadores (1776) da Misión San Francisco de Asís (ou Misión Dolores), xermolo da cosmopolita cidade dos EE.UU do mesmo nome situada a carón do océano Pacífico. Outro franciscano malpicán que chegou ao Novo Mundo foi Juan Riobó; quen predicou na Antiga e Nova California e foi capelán nunha exploración pola costa de Alaska.

Infos techniques

Lat : 43.3230079Lng : -8.8106438
0 m
4 ans

Les Storyguides à proximité

Les hébergements à proximité

En poursuivant votre visite, vous acceptez l'utilisation de cookies permettant d'améliorer votre navigation. Pour en savoir plus, cliquez ici. Vous avez également la possibilité de refuser la publicité personnalisée.