Déjà inscrit ? Connectez-vous
O CALDEIRÓN

O CALDEIRÓN


Aquí, na zona coñecida como o Caldeirón, tes unhas vistas privilexiadas das illas Sisargas, de propiedade privada. Para chegar ata alí (unha media hora de travesía), podes contratar o servizo dun barco xa que non hai transporte público regular.

Este paseo marítimo no que te atopas comezou a construírse na década dos 80 (s. XX). Antes, o aspecto desta zona de terrazas e accesos á praia principal de Area Maior era moi distinta, aínda que veciños e bañistas gozaban igual dela.

A maioría dos edificios que ves son novos, levantados no sitio das fábricas de salgadura, escabeche, secadoiros de peixe ou mesmo unha conserveira (La Sisarguesa) que había fronte á praia. Se te fixas, verás casas antigas que seguen en pé.

Máis o menos na metade do paseo marítimo, sobre unha duna, estivo situado o varadoiro de Carrillo, no que se construían as embarcacións coñecidas como “rapetóns de Carrillo”. Neste antigo e desaparecido estaleiro tamén reparaban barcos de madeira e chalanas.

Infos techniques

Lat : 43.3230079Lng : -8.8106438
0 m
4 ans

Les Storyguides à proximité

Les hébergements à proximité

En poursuivant votre visite, vous acceptez l'utilisation de cookies permettant d'améliorer votre navigation. Pour en savoir plus, cliquez ici. Vous avez également la possibilité de refuser la publicité personnalisée.