Déjà inscrit ? Connectez-vous
BRIGADIER VALERA LIMIA

BRIGADIER VALERA LIMIA


O terreo sobre o que se asenta esta vivenda e a horta da parte de atrás –un dos poucos espazos verdes que quedan na zona urbana de Malpica- pertenceu á familia do brigadier Varela Limia. Entre os veciños, o lugar é coñecido como a Horta de Don Pepito.

Manuel Varela Limia, (Malpica de Bergantiños, 1796 - Madrid, 1853) foi un enxeñeiro militar español que, sendo director xeneral de Camiños, Canais e Portos, impulsou a primeira rede nacional de telegrafía óptica de España. Participou na defensa da Constitución de 1812 na Batalla de Trocadero (que puxo fin ao Trienio Liberal (1820-1823) e na primeira Guerra Carlista.

Na súa faceta política, Varela Limia foi senador por Lugo e como intelectual escribiu varias obras de historia e de matemáticas, ademais de numerosos escritos sobre a administración e organización do estado e do exército, que foron de gran transcendencia na súa época.

Brigadier Varela Limia

Infos techniques

Lat : 43.3238734Lng : -8.8097285
0 m
4 ans

Les Storyguides à proximité

Soyez le premier à commenter !

En poursuivant votre visite, vous acceptez l'utilisation de cookies permettant d'améliorer votre navigation. Pour en savoir plus, cliquez ici. Vous avez également la possibilité de refuser la publicité personnalisée.