Déjà inscrit ? Connectez-vous
SUBIDA Á ATALAIA

SUBIDA Á ATALAIA


O barrio da Atalaia, xunto co do Areal, é un dos máis antigos de Malpica. O topónimo, igual que o do O Pico do Atalaieiro da illa Malante das Sisargas, alude a un lugar elevado desde o que vixiar o territorio e a extensión de mar. Subirían ata aquí os cazadores de baleas para avistar os cetáceos? Este monte, xunto co da Plancha –enfronte- son os dous puntos máis altos da vila.

Desde a praza do Cruceiro, busca o camiño entre as casas sempre co mar á dereita. Irás atopando varios miradoiros. Desde o primeiro, o coñecido como o da Atalaia tes excepcionais vistas ao porto e á actividade portuaria. O miradoiro do Bufadoiro ofréceche unha boa panorámica do Golfo Ártabro e o que está a continuación, o do Picote da Atalaia, a visión de todo o Golfo Ártabro e das illas Sisargas. Nos días máis despexados incluso verás o illote coñecido como a Barca de Maghé. A lenda conta que no cumio desta pedra vareaba a súa cana o vello Maghé por non ser capaz de pescar a bordo dunha lancha.

O estreito camiño que rodea a Atalaia (zona sen urbanizar) chega ata o miradoiro da Cerca, con vistas ás Sisargas e ás praias de Area Maior e Canido. A entrada a este sendeiro non está indicada polo que se non a atopas, pregunta aos veciños. No paseo acompañarante a vista dos vertixinosos cantís, as Sisargas e a costa leste ata o cabo Santo Hadrián.

Infos techniques

Lat : 43.3247066Lng : -8.8068561
0 m
4 ans

Les Storyguides à proximité

Soyez le premier à commenter !

En poursuivant votre visite, vous acceptez l'utilisation de cookies permettant d'améliorer votre navigation. Pour en savoir plus, cliquez ici. Vous avez également la possibilité de refuser la publicité personnalisée.