Déjà inscrit ? Connectez-vous
FALADOIROS MARIÑEIROS

FALADOIROS MARIÑEIROS


Era cos mariñeiros cos que Urbano Lugrís se sentía máis cómodo. Cada bar e taberna convertíase nun lugar de faladoiro improvisado.

Moitas foron as horas que o pintor pasou aquí, na antiga casa de comidas Cadeiro, lugar de reunión e de paso cara á praia de Area Maior, paisaxe de inspiración de Lugrís. Mira cara ao areal e, se o día está despexado poderás ver as illas Sisargas.

Urbano Lugrís foi artista e intelectual desde o berce. O seu pai foi fundador e presidente da Academia Galega e a súa nai pianista. Así que abandonou os seus estudos, somerxeuse no ambiente bohemio e vangardista de Madrid. Alí iniciou un percorrido coas Misións Pedagóxicas, coas que levou ás pequenas vilas de España a cultura das grandes cidades.

E da man das Misións Pedagóxicas chegou por primeira vez a Malpica en 1933 para deseñar o escenario do primeiro teatro de monicreques deste padroado.

Dá a volta e atoparás ás túas costa a fachada da casa na que naceu o Xeneral José Pardines Arcay (Malpica, 1943 - Villabona-Guipúscoa, 1968), que dá nome a esta pequena rúa e que foi o primeiro asasinado pola banda terrorista ETA.

Volve sobre os teus pasos cara á rúa principal e xira á esquerda. En 20 metros atoparás a Casa do Pescador, rehabilitada como sede da Confraría de Pescadores. No seu interior poderás ver unha ampla mostra da obra de Lugrís.

Infos techniques

Lat : 43.3230079Lng : -8.8106438
0 m
4 ans

Les Storyguides à proximité

Soyez le premier à commenter !

En poursuivant votre visite, vous acceptez l'utilisation de cookies permettant d'améliorer votre navigation. Pour en savoir plus, cliquez ici. Vous avez également la possibilité de refuser la publicité personnalisée.