Déjà inscrit ? Connectez-vous
Pazo da cultura: o noso pulmón cultural

Pazo da cultura: o noso pulmón cultural


O Pazo da Cultura é o centro da vida cultural e social da vila. Inaugurado en 2002, este amplo edificio multiusos foi deseñado polo arquitecto Luís Collarte e construído polo alumnado da Escola Taller de Carballo. Está situado á beira dun dos espazos verdes máis importantes do núcleo urbano, o Parque do Anllóns.
O Pazo da Cultura é a sede do Conservatorio Profesional de Música e da Escola de Idiomas, conta cun auditorio con capacidade para 338 persoas e con salas de exposicións e de ensaio, de lectura e televisión, e para a terceira idade. As súas instalacións acollen representacións teatrais e musicais, exposicións, cursos, congresos e outros actos culturais. Nelas celébrase todos os anos o FIOT, o Festival Internacional Outono de Teatro.
Contrasta neste edificio a combinación das modernas e vangardistas liñas do seu exterior (fachadas acristaladas e cúpula oxival de aluminio) cun interior cálido e acolledor.

Infos techniques

Lat : 43.2115764Lng : -8.6953229000001
0 m
4 ans

Les Storyguides à proximité

Soyez le premier à commenter !

En poursuivant votre visite, vous acceptez l'utilisation de cookies permettant d'améliorer votre navigation. Pour en savoir plus, cliquez ici. Vous avez également la possibilité de refuser la publicité personnalisée.