Already registered ? Log in
15. Xardín de San Carlos

15. Xardín de San Carlos

O xardín de San Carlos é un dos espazos verdes máis singulares da Coruña. Trátase dun “hortus conclusus” creado ao redor da tumba do xeneral Sir John Moore, heroe da batalla de Elviña e falecido en 1809.

A finais do século XVIII o capitán xeral de Galicia Carlos Francisco de Croix decidiu converter os restos da denominada “Fortaleza Vella”, destruída no século anterior pola explosión dunha polvoreira, nun xardín público. En 1830, á iniciativa do Goberno Británico, levantouse neste recinto unha arca fúnebre de pedra dedicada ao xeneral Moore e en 1834 o gobernador Francisco Marracedo transformou novamente a contorna creando un xardín pechado e protexido dos ventos. O proxecto, realizado polo arquitecto municipal José María de Noya, define un espazo ovalado percorrido por un conxunto de camiños radiais que parten do centro, onde se sitúa a tumba. A vexetación distribúese en parterres, onde destacan varios olmos centenarios monumentais incluídos actualmente no catálogo de árbores senlleiras de Galicia.

O xardín conserva aínda elementos da antiga fortaleza como as garitas de vixilancia ou a muralla e posúe un espectacular miradoiro orientado ao porto da cidade.

Technical information

Lat : 43.3687333Lng : -8.3907172
2 years