To see around
See more
Open
Close
Consulter
Consulter
Consulter
Consulter
Consulter
Consulter
Consulter
Consulter
Consulter
Consulter
Consulter

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

3. Casa Museo de Emilia Pardo Bazán

3. Casa Museo de Emilia Pardo Bazán

Description

A casa museo de Emilia pardo Bazán é tamén sede da Real Academia Galega. Trátase dun característico pazo urbano de finais do século XVIII onde viviu a aristócrata, novelista, xornalista e feminista, que reivindicou os dereitos das mulleres. Nesta casa Dona Emilia pasou a maior parte da infancia, os anos de mocidade e continuou utilizándoa como residencia familiar despois do seu matrimonio con don José Quiroga e Pérez de Deza.

O edificio consta de dúas fachadas, a principal orientada á rúa Tabernas e outra traseira na rúa do Parrote, destinada orixinalmente ao servizo. A fachada principal posúe unha planta baixa, dous pisos superiores e un ático engadido tardiamente. Na planta baixa ábrense dúas portas, a primeira con lintel, conducía ao vestíbulo da vivenda e a segunda en forma de arco, era a entrada dos carruaxes.

O museo fai un percorrido polo universo íntimo da autora de “Os pazos de Ulloa”, recreando os espazos interiores da casa co mobiliario da época. O recibidor, o salón onde se celebraban reunións literarias e festas ou o gabinete de traballo son algunhas das salas da exposición permanente.

Technical information

Updated at : 28/01/2021
Lat : 43.3694145Lng : -8.3944909

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Consulter
Consulter
Consulter
Consulter
Consulter
Consulter
Consulter
Consulter
Consulter
Consulter
Consulter