Alert

Alerts

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

Reserva dos Miñarzos

Reserva dos Miñarzos

Description

Os Miñarzos que é a primeira Reserva de Interese Pesqueiro da costa atlántica na península Ibérica, foi creada por iniciativa da confraría de pescadores de Lira e biólogos mariños. O obxectivo da reserva é regular as actividades pesqueiras para conservar as especies explotadas, co fin de garantir a sustentabilidade do ecosistema mariño. Ao limitar o acceso e regular as actividades extractivas conséguese que as especies poidan alcanzar maiores tallas, o cal é importante pois a maior talla maior número de ovos por posta. Aos posibles beneficios relacionados coas pesqueiras súmanse outra seria de vantaxes para o ecosistema, como a conservación dos hábitats e o aumento da biodiversidade. Para garantir a mellor xestión conta con vixilancia marítima terrestre,un posto de control de capturas no porto, e un censo de embarcacións que poden pescar dentro da reserva, pertencentes a varias confrarías das próximas á área protexida.

Os Miñarzos ocupa unha extensión de 2.074 hectáreas, nela existen dúas reservas integrais, que ocupan unhas 79 hectáreas. Dentro da zona de reserva defínense medidas máis restritivas que as establecidas pola normativa pesqueira xeral, referidas a períodos de actividade, tamaños mínimos dos exemplares e cotas de captura por barco. Nas reservas integrais está prohibida toda actividade extractiva e a realización de actividades subacuáticas, unicamente permítense con permiso expreso actividades con fins científicos. En todo o ámbito da reserva mariña está prohibida a pesca submarina, pero permítese o mergullo de recreo, de observación e por suposto fotográfico, exceptuando as referidas reservas integrais. A confraría de Lira( Mardelira) promove a valorización da cultura da pesca mediante o proxecto Mardelira, que permite coñecer como é unha xornada normal de traballo no mar e a vida dun pequeno porto pesqueiro. Ademais organiza talleres de pesca para escolares, roteiros guiados e saídas en barcos para pescadores deportivos de cana nas que se práctica a pesca sen morte.

Technical Information

Lat, Lng
42.8162501-9.1439003
Coordinates copied
Uncertain state
Point of Interest updated on 04/06/2021
This point of interest hasn't been updated recently, which could compromise the reliability of this information. We recommend that you inquire and take all necessary precautions. If you're the author, please verify your information.

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Caution!
We have no information on the difficulty of this circuit. You may encounter some surprises along the way. Before you go, please feel free to inquire more and take all necessary precautions. Have a good trip! 🌳🥾