To see around
See more
Open
Close
Consulter
Consulter
Consulter
Consulter
Consulter
Consulter
Consulter
Consulter
Consulter
Consulter
Consulter

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

Fisterra

Fisterra

Description

O pobo de Fisterra, nome procedente do latín finis terrae, cativou desde antigo a multitude de persoas que anhelaban asomarse ao cabo do mundo, onde a terra acaba e o mar comeza, ou polo menos así o creron as lexións romanas ao contemplar o afundimento do sol nas súas augas.

Antigos xeógrafos grecorromanos sitúan aquí o Promontorium Nerium e o Ara Solis, o altar de culto ao sol, construído polos fenicios e que o mesmo Apóstolo Santiago fixo destruír ao pouco tempo.

A singularidade de Fisterra xorde das moitas lendas que envolven a estas terras, nas que se entrelazan temas relixiosos, marítimos e elementos pétreos. Grazas á memoria da xente deste lugar, estas lendas seguen vivas, cativando, xunto ás marabillosas vistas que Fisterra posúe, a todo aquel que se asoma a visitar o Fin do Mundo.

Fisterra está formado por un núcleo antigo crecido en anfiteatro sobre o porto. As súas casas e estreitas rúas son dun gran tipismo e orixinalidade. No centro atópase a Praza de Ara solis, nos arredores, , atopamos o monumento máis interesante da vila: a Igrexa de Santa María das Areas e dentro do conxunto histórico da vila, destaca tamén o Castelo de San Carlos.

Pero de visita obrigada é o seu faro construído en 1853, de 138 m. sobre o mar o cal protexe unha das costas máis perigosas do mundo.É coñecido por todos os navegantes do mundo, pola súa importancia como medio de advertencia da proximidade dunha costa sumamente perigosa, a súa luz chega a alcanzar 65 Km de lonxitude, así como pola fama de traizoeira desta zona marítima.

É o faro máis occidental e emblemático de Europa, considerado tradicionalmente como o cabo do fin do mundo, «Finis Terrae».

Technical information

Updated at : 04/06/2021
Lat : 42.9078005Lng : -9.2650315

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Consulter
Consulter
Consulter
Consulter
Consulter
Consulter
Consulter
Consulter
Consulter
Consulter
Consulter