Alert

Alerts

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

Faro de Lariño ou Faro de Punta Insua

Faro de Lariño ou Faro de Punta Insua

Description

Tamén coñecido como Faro de Punta Insua, trátase dunha edificación que merece ser visitada dada a súa singularidade arquitectónica e a fermosura do lugar no que se sitúa, sobre todo as súas postas de sol. Construíuse durante os anos comprendidos entre 1913 e 1921. Atópase en Punta Insua, que constitúe o punto xeográfico que axuda a fixar a entrada no arco de Fisterra e a ría de Corcubión, co fin de completar o sistema de iluminación dos faros de Corrubedo e Fisterra. Trátase dun amplo edificio con planta en forma de U, obra do enxeñeiro Salvador López Miño, construído en pedra, e pintado de branco.

Pegado ao muro oeste, levántase maxestosamente a torre do faro, de 14 metros de altura, coroada por unha cúpula cun catavento metálico, onde figura o ano da súa inauguración: 1920. Ata finais dos anos 80 foi a residencia dos sucesivos fareiros e das súas familias e a partir de 2021 habilítase como establecemento de aloxamento turístico, para converterse nun dos hoteis máis singulares e exquisitos de toda Galicia, pero conservando a súa finalidade principal como faro.

Na actualidade o faro emite unha luz branca e vermella que alcanza unha distancia de 20 millas. A zona á beira do faro conta cunha das mellores praias do litoral e irradia tranquilidade e acougo, con belas panorámicas que ofrecen unha posta de sol sobre o océano inesquecible.

Technical Information

Lat, Lng
42.7728117-9.1236273
Coordinates copied
Uncertain state
Point of Interest updated on 04/06/2021
This point of interest hasn't been updated recently, which could compromise the reliability of this information. We recommend that you inquire and take all necessary precautions. If you're the author, please verify your information.

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Caution!
We have no information on the difficulty of this circuit. You may encounter some surprises along the way. Before you go, please feel free to inquire more and take all necessary precautions. Have a good trip! 🌳🥾