Camiño da Geira e dos Arrieiros: A ruta parte de Braga (Portugal), vai pola Geira Romana (calzada romana que unía Braga e Astorga) até Portela do Homen (fronteira con Galicia), e logo segue a principal Ruta dos Arrieros que transportaban o viño do Ribeiro ata Santiago. Ten unha lonxitude total de 239 km. e 4 zonas diferenciadas.
Camiño Miñoto Ribeiro: é un dos camiños máis antigos que enlazaban o norte de Portugal coa cidade do Apóstolo Santiago. Segue transcorrendo na maior parte do seu trazado a través daqueles mesmos carreiros, calzadas romanas e camiños medievais. Ten unha lonxitude total de 173,7 km. e a dificultade é media.