A paraxe está preto da Serra do Candán, onde nacen moitAs das pequenas canles que alimentan aos ríos Ulla e Umia.
Nos seus arredores está a Lagoa Sacra de Olives, que suma ao atractivo deste hábitat singular que constitúe ademais a mellor representación de turberas acedas de toda Galicia. Este ecosistema único e peculiar, que no ano 2001 incluíase na Rede Natura, remóntase á época do Neolítico. Son pequenas áreas de turberas e brezos con presenza de carballeiras de reducida extensión. Na zona cría unha pequena poboación de sisón menor, ave característica de hábitats esteparios.