Trátase dunha construción do século XV situada no igrexario de Santa Mariña de Castrelo do século XVI. Consta de tres corpos, o primeiro rectangular cunha hornacina, o segundo é unha plataforma destinada a acender lume como sinal luminoso e albergar campás como sinal acústico e o terceiro un pequeno frontis con cornixa de lousa que antigamente albergaba un pináculo, hoxe desaparecido.
Dise que a torre foi despezada parcialmente do seu lugar orixinal na fortaleza de Castro de Montes que se situaba a menos de 5 km de aquí, exactamente na parroquia de S. Miguel de Presqueiras, nunha lomba que hoxe conserva a Ermida de Castro que como o seu nome indica existiu aí un asentamento castrexo con anterioridade. Desta fortaleza sabemos que era a residencia dos “xuices merinos” que desde alí impartían as súas leis á comarca de Terra de Montes. lle reserva un uso terapéutico na medicina.