Castro máis importante do termo municipal, catalogado como Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia e considerado un dos mellor configurados de Galicia. Datado aproximadamente no século VI a.C.
O Castro está nos arredores do lugar de Loureiro (Dúas Igrexas), rodeado de terras dedicadas á agricultura, aínda que hoxe están case abandonadas. Está rodeado dun gran muro defensivo en toda a súa contorna, e ten un camiño de entrada. A coroa, bastante elevada, sobre o terreo circundante é de uns 75 m. de diámetro.
Presenta unhas características moi similares ás do famoso Castro de Viladonga de Castro de Rei (Lugo).