To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

CASA DO CONCELLO

CASA DO CONCELLO

Description

O edificio da Casa Consistorial foi construído seguindo un proxecto do arquitecto Ventura Rodríguez en 1778. Trátase dunha reforma e ampliación da antiga casa do concello datada a finais do século XV. Destaca na súa fachada o balcón que dá á Sala Capitular, os capiteis neoclásicos con grilandas de loureiro de ferro e a decoración policromada que representa os escudos de ramas de España, Reino de Galicia e a cidade na disposición que tamén terían en Porta da Vila. A planta alta destinábase orixinalmente a ser vivenda do Corrixidor.

¿Sabías que no vestíbulo de entrada consérvanse tres escudos do edificio orixinal? O de Galicia (cun só copón), o de Betanzos e o do Rei Emperador Carlos I. Así mesmo dous medallóns con bustos que manteñen a incógnita de quen son os representados neles.

A Torre do Reloxo, anexa á igrexa de Santiago, pertence ao conxunto da Casa do Concello. A súa orixe é medieval xa que a igrexa adáptase a ela ao reconstruírse no século XIV. Destacan os dous escudos da cidade á beira do reloxo que indica a titularidade municipal. As campás tiñan como función dar as horas, convocar ao concello e avisar da curta anual do xunco nas marismas. Sinalar que conserva unhas gretas froito do terremoto de Lisboa en 1755.

Technical information

Updated at : 17/10/2020
Lat : 43.2810832Lng : -8.2114097

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show