Alert

Alerts

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show

Oups... It would appear that Cirkwi does not have permission to use your location.

Description
Map
Ratings and reviews
See around

ANTIGO MATADOIRO

ANTIGO MATADOIRO

Description

Segundo a documentación o primeiro proxecto de construción dun matadoiro na cidade de Betanzos é aprobado polo Consello de Castela en 1798, pero non é ata 1901 cando o entón arquitecto municipal de Lugo, Juan Álvarez de Mendoza, proxecta o edificio que foi construído entre 1903 e 1910.

Sitúase nunha zona próxima a cidade, pero á vez a unha distancia suficiente para evitar as molestias da actividade que se desenvolve. Así mesmo aprovéitase a proximidade aos ríos e Ría de Betanzos para o transporte dos animais e para a evacuación de augas residuais.

¿Sabías que Juan Álvarez de Mendoza é o autor tamén do Monumento aos Mártires de Carral, situado no centro desta localidade próxima a Betanzos?. Coñécese como os Mártires de Carral a doce militares rebeldes fusilados nesta localidade, o 26 de abril de 1846, once deles na parroquia de Paleo, e un en Betanzos, o 4 de maio de 1846, por personificar a rebelión contra o réxime absolutista do Xeneral Narváez durante o reinado de Isabel II.

O edificio está construído nun estilo neomudéjar con detalles ornamentais do modernismo como pode ser o acabado cerámico onde se le “Matadero”, utilizando unha tipografía alemá de 1904 coñecida como “Arnold Böcklin”. Pódese ver tamén influencia neste edificio doutro matadoiro moi coñecido, neste caso do da vila de Madrid obra de Luís Bellido que compartiu traballo en Lugo e en Gijón con Mendoza, e quizais mantivesen ademais unha relación de amizade.

Technical Information

Lat, Lng
43.2839101-8.2121255
Coordinates copied
Uncertain state
Point of Interest updated on 18/10/2020
This point of interest hasn't been updated recently, which could compromise the reliability of this information. We recommend that you inquire and take all necessary precautions. If you're the author, please verify your information.

Altimetric profile

Ratings and reviews

To see around
See more
Open
Close
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Show
Caution!
We have no information on the difficulty of this circuit. You may encounter some surprises along the way. Before you go, please feel free to inquire more and take all necessary precautions. Have a good trip! 🌳🥾