
Este óleo, pintado na época na que o pintor Francisco Lloréns residía en Betanzos, trátase dunha vista do amencer da cidade presidida polas torres da igrexa de Santiago e a torre do reloxo municipal.
En primeiro termo, representa unha rúa con xente nas primeiras actividades da mañá; sobre estas, as casas que se amontoan na pendente da cidade. A luz do sol, que destaca na zona alta, contrasta coas casas en sombra. A pintura respira unha atmosfera húmida de amencer. Este espazo da Reserva de Biosfera, forma parte da Ruta do Impresionismo das Mariñas, declarado no ano 2019 como Itinerario Cultural Europeo polo Consello de Europa.
Técnica: Óleo sobre lenzo
Dimensións: 100 x 81 cm.
Colección Abanca.