Estás na área recreativa de Pedroso, onde acaba a nosa ruta. Trátase dunha importante área de descanso, con mesas e bancos, zona de xogos para nenos, cafetería e unha zona de cámping con cabanas de madeira. Aquí atoparás tamén o muíño de Pedroso ou muíño de Chao, construído ao redor do ano 1800, e restaurado e en funcionamento desde 1999, configurado na actualidade como un espazo etnográfico no que se realizan visitas e actividades didácticas relacionadas co “ciclo do pan”.