Estás na mítica fonte Gaván, tamén chamada "fonte do Carballo de Auga Quente" por brotar a súa auga das profundas raíces da árbore do mundo, o Carballo de Edratil, documentado neste lugar do S. XII ao XVI. Localízase nun lugar máxico de especial santidade, a fraga da árbore da vida de celtas e xermanos, orixe de mitos e lendas, e unha das claves da escenografía occidental do destino da alma.